Nova tarifa eléctrica 2021: 2.0TD e novos períodos horarios

No eido dos fogares e das PEMES, no 2021, as actuais tarifas de acceso 2.0A, 2.0DHA, 2.0DHS, 2.1A, 2.1DHA, 2.1DHS vanse transformar nunha única tarifa, a 2.0TD. Esta terá 3 termos de enerxía e 2 de potencia. Adicionalmente, simplificouse a estrutura tarifaria, diferenciándose por niveis de tensión tarifarios, e modificáronse os períodos horarios.

Estes cambios entrarán en vigor a partir do próximo 1 de xuño de 2021, segundo recolle a Circular 3/2020, do 15 de xaneiro, da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia e o Real Decreto 148/2021, do 9 de marzo, polo que se establece a metodoloxía de cálculo dos cargos do sistema eléctrico.

As tarifas de acceso 2.0 e 2.1 convértense na 2.0TD

As 6 tarifas de acceso que compoñen o rango de uso doméstico actual (2.0A, 2.0DHA, 2.0DHS, 2.1A, 2.1DHA, 2.1DHS) desaparecen e só haberá unha tarifa, a 2.0TD.

Na actualidade, o rango da tarifa de acceso (2.0 ou 2.1) ven determinado pola potencia contratada, podendo elixir o cliente entre un, dous ou tres períodos de discriminación:

  • Tarifas 2.0A e 2.1A: unha única peaxe de acceso, durante todo o día.
  • Tarifas 2.0DHA e 2.1DHA: discriminación horaria en dous períodos, con dúas peaxes de acceso, segundo a franxa de consumo.
  • Tarifas 2.0DHS e 2.1 DHS: discriminación horaria en tres períodos, con tres peaxes de acceso.

Novos períodos de discriminación horaria 2.0TD

A partir do 1 de xuño, todos os clientes con potencia inferior ou igual a 15 kW terán a mesma tarifa de acceso con 3 períodos de aplicación ao termo de enerxía:

  • Punta: horas máis caras
  • Chairo: horas con prezo medio
  • Val: horas con prezo reducido. Considéranse horas val as 24 horas dos sábados, domingos, o 6 de xaneiro e festivos nacionais con exclusión tanto dos festivos substituibles como dos que non teñen data fixa.

Discriminación horaria Tarifa de acceso 2.0TD (Península, Baleares e Canarias)

Discriminación horaria Tarifa de acceso 2.0TD (Ceuta e Melilla)

Contratar dúas potencias coa nova tarifa da luz 2.0TD

Na actualidade, todas as tarifas de acceso 2.0 e 2.1 só poden contratar un termo de potencia, é dicir, págase o mesmo pola potencia durante todo o día.

Coa nova tarifa 2.0TD poderanse escoller dúas potencias distintas, unha para o período val (que coincide co período val do termo de enerxía) e outra para o punta (que comprende as horas dos períodos punta e chairo do termo de enerxía). Loxicamente, se se prefire, poderase contratar a mesma para ámbalas dúas franxas.

Novos tramos horarios de luz no 2021 para potencias superiores a 15kW

As tarifas de acceso para consumidores cunha potencia contratada superior a 15 kW tamén se verán modificadas. Entre estas podemos atopar 2 tipos de tarifas:

  • 3.0TD: vivendas de grandes dimensións e pequenas e medianas empresas que, conectadas a baixa tensión, superan os 15 kW de potencia contratada nalgún dos períodos horarios.
  • 6.1TD, 6.2TD, 6.3TD e 6.4TD: as tarifas 6.XTD son tarifas de clientes conectados en redes de alta tensión.

Nas peaxes 3.0TD e 6.XTD:

  • 4 tempadas eléctricas (dependentes da zona xeográfica)
  • 5 cualificacións para os días segundo a tempada
  • 6 peaxes para o termo de enerxía
  • 6 peaxes para o termo de potencia

Catro tempadas eléctricas

Co cambio de tarificación o ano divídese en 4 períodos ou tempadas, sendo o prezo do kWh diferente para cada unha delas.

Cualificacións para os días segundo a tempada

En función da tempada na que esteamos, podemos cualificar o día da semana de diferente xeito, sendo a cualificación A a máis cara e a D a máis barata.

Discriminación horaria en 6 períodos

A nova tarifa para potencias superiores a 15 kW ten 6 períodos (do P1 ao P6), tendo en conta o día da semana e a tempada. O período P1 é o máis caro e o P6 o máis barato.

O período P6 (o máis barato) sempre se atopa de 00h a 08h, agás as fins de semana e os festivos[1], que manteñen o prezo máis barato as 24 horas.

Horarios por tempadas na Península

Horarios estacionais en Canarias

Horarios estacionais nas Illas Baleares

Horarios estacionais en Melilla

Horarios por tempadas en Ceuta